Normas de organización e funcionamento

O pasado 29 de xuño de 2022 foron aprobadas en Claustro e Consello Escolar as novas Normas de Organización e Funcionamento deste Centro

Estas normas carrexan bastantes cambios con respecto as anteriores, polo que é conveniente que botarlle unha ollada.

Entre os cambios máis relevantes están:

  • Novidades nas faltas de disciplina e sancións: Novo sistema baseado en puntos de sanción con posibilidade de recuperación/reconquista de puntos
  • Saídas en recreos ou en caso de ausencia do profesorado (primeiras e últimas horas): So para alumnado de Bacharelato, Ciclo Medio e Ciclo Superior
  • Novidades nas faltas de asistencia e puntualidade do alumnado:
    • Con carácter xeral, só serán aceptadas as xustificacións de ausencias por causas persoais ou de calquera outra índole nas que se careza de xustificación documental en número máximo igual ou inferior a dous días dentro do mesmo mes natural.
    • Terá consideración de falta de asistencia as ausencias superiores a dez minutos desde o inicio da sesión lectiva.
    • As faltas de puntualidade do alumnado serán anotadas polas conserxes. No momento en que o alumnado acumule tres faltas de puntualidade non xustificadas terá un punto de sanción.

As Normas de Organización e Funcionamento (NOF) están establecidas no artigo 124 da LOE-LOMCE. En Galicia, a ordenación deste documento está recollido nos artigos 18 a 20 do Decreto 8/2015 (DOG do 27 de xaneiro de 2015) e son un conxunto de normas relativas á organización e ao funcionamento do centro fundamentadas no plan de convivencia e no PEC (do que forman parte), cuxas liñas xerais inspiran o seu desenvolvemento.

Podedes descargar ou visualizar as NOF (xunto co resto de documentos do centro) a continuación:

Comparte a páxina nas redes