O alumnado e as súas familias tedes dispoñible, dentro da vosa sección na web do centro, unha caixa de suxestións anónima. A caixa está situada na parte esquerda da sección "Alumando e familias", xusto debaixo do menú. 

Tede en conta o seguinte:

  • Para preservar o anonimato, non se recolle ningún tipo de dato de carácter privado como nome, apelidos, IP ou dirección de correo electrónico. Por ese motivo, prégase facer un uso responsable deste sistema de comunicación.
  • Aquelas mensaxes que conteñan faltas de respecto, insultos ou linguaxe malsoante serán automaticamente eliminadas e non se terán en conta.

Tamén podedes facer as vosas suxestións pinchando aquí.