Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas do curso 2022-2023 a través da páxina https://www.becaseducacion.gob.es. Tes ata o 12 de maio para facelo.
Este ano adiantaronse os prazos para facer as solicitudes de bolsas, que se facían habitualmente no mes de setembro.
Pide a bolsa sempre dentro do prazo (do 30 de marzo ao 12 de maio de 2022) aínda que non se abriu o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.
Podes solicitar unha bolsa se crees que che vas a matricular no curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis ofertados polo noso Centro:
- Bacharelato
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior
- Formación Profesional de Grao Básico
Tamén, podes solicitar a bolsa se pensas matricularte no curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis non ofertados polo noso centro:
- Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
- Ensinos artísticos: profesionais e superiores
- Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
- Ensinos deportivos
- Estudos relixiosos superiores