Podedes consultar aquí as instrucións para pagar os títulos LOE (Bacharelato, Técnico - ciclos medios- ou Técnicos Superiores - ciclos superiores-:

Se remataches os teus estudos de Bacharelato ou de Ciclo Medio ou Superior (incluída a FCT e, para o caso de ciclos superiores, o proxecto), debes realizar o pagamento de taxas para a expedición do título.

Este pago de taxas pode facerse mediante dúas modalidades:

  • Telemáticamente
  • Presencialmente

Telemáticamente

O pago debe facerse na Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia: https://ovt.atriga.gal/ segundo estes pasos:

  • Cidadáns
  • Pago de taxas e prezos: Iniciar taxa.
  • Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
  • Iniciar taxa.
  • Introducir os datos da taxa segundo se indica no documento que se atopa ao final desta páxina.
  • Continuar.

No apartado obxecto débese poñer un texto similar a "Expedición do título de <poñer aquí o título> de <poñer aquí o nome>".

Unha vez feito o pago telemático, deberase retroceder ao apartado Cidadáns - Pago de taxas e prezos - Operacións realizadas e imprimir en PDF o modelo 730 para envialo ao correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., xunto coa fotocopia do DNI, coa fin de rexistrar o depósito do título e expedir a correspondente certificación. Tamén se pode entregar presencialmente en Secretaría.

Presencialmente

Débese solicitar o impreso na Secretaría do IES San Mamede, onde se lle indicará o trámite a seguir.

Título Tarifa normal Familia numerosa
(categoría xeral)
Familia numerosa
(categoría especial)
Duplicado
Bacharelato 54,00€ 27,03€ 0 4,98€
Técnico (ciclo medio) 22,07€ 11,06€ 0 2,55€
Técnico superior (ciclo superior) 54,00€ 27,03€ 0 4,98€

A continuación podes atopar os modelos para cumprimentar os impresos de pagamento: