Tedes á vosa disposición diversas páxinas oficiais para solicitar préstamos de libros dixitais. Velaquí tedes algunhas:

Préstamo dixital:

  • Plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas.  Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
  • eBiblio Galicia. Ao igual que para a páxina anterior, poderás acceder se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
  • eBiblio España. O mesmo que a páxina anterior, pero a versión estatal en lugar de autonómica.

Hemeroteca

Hemeroteca é unha palabra de orixe grega, hemera (día) e theke (caixa ou depósito). As hemerotecas son coleccións ou lugares onde se albergan revistas, diarios e publicacións periódicas. Velaquí tedes dúas hemerotecas dixitais: