Últimos exames
Último día de clase
- O último día de clase será ese mesmo mércores 22.
- O transporte escolar funcionará con normalidade
- O horario de clases será o habitual.
Ese día, o alumnado da ESO deberá devolver todos os libros do fondo de préstamo. O alumnado traerá os libros nunha bolsa co seu nome e quedarán na aula sobre a mesa do profesorado.
Tamén se procederá a facer a recollida recollida e limpeza da aula de referencia.
Entrega de notas
- A entrega de notas será o luns 27 ás 10:00 para todos os cursos agás 2º SMIR
- Entrega de notas para 2º SMIR será as 9:20 e teredes que traer 23€ para ir a pagar ao banco as taxas do título de técnicos en sistemas microinformáticos e redes
- Ese día non haberá transporte escolar.
- Entregarase tamén a matrícula para o vindeiro curso (agás ao alumnado que xa a fixo)