Durante o curso 2021-2022 o grupo de 2º curso da FP Básica en informática de oficina do IES San Mamede deseñou e construíu unha máquina recreativa arcade, poñendo en práctica todo o aprendido no ciclo.

Realizaron un traballo de investigación, deseño, construción, instalación, configuración e documentación do proxecto.

Podedes acceder á web onde o alumnado de 2º FPB e o seu profesor, Jorge Montes, documentaron o proxecto: https://sites.google.com/iessanmamede.com/proxecto-arcade-fpb-21-22/inicio