De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 30-09-2022), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar
Nas eleccións, escolleranse representantes de:
- Alumnado
- Nais, pais e titores/as legais do alumnado
- Profesorado
Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura, o poderán facer ata o día 10 de novembro ás 14:00 entregando un formulario dispoñible en Secretaría ou nesta mesma páxina
As votacións serán o vindeiro mércores 23 de novembro. Para máis información, é necesario ver as respectivas convocatorias publicadas no taboleiro de anuncios do Centro e que deixamos aquí abaixo, xunto cos formularios para presentar as candidaturas: