O claustro de profesorado do IES San Mamede homenaxeou ao profesor de debuxo José María Lecuona. Impartiu clases desde o comezo do instituto ata fai doús, deixando unha forte pegada na comunidade educativa. O acto comezou cos discursos da súa compañeira e amiga María Romero, profesora de bioloxía, e de Uxía Oviedo, exalumna do Centro e graduada en Belas Artes. A continuación, a súa muller e fillas descubriron unha placa co nome de "José María Lecuona" e o logo deseñado por el mesmo, co que se nomeará á aula de debuxo. Este acto foi a continuación doutro levado a cabo en xuño cando se plantaron cinco árbores cunha placa para homenaxear aos exprofesores do centro recentemente falecidos: José María Lecuona, Ascensión Crespo, Carlos Mendiguchía, Óscar L. Terrón e Alberto Adán