O xoves 16 de xuño publicáronse as notas da ABAU 2022 (Selectividade) na convocatoria de Xuño, nas que, como sempre, o noso alumnado acadou uns resultados excelentes con todos/as aprobados!. 

Estas notas, xunto coas das convocatorias anteriores igual de relevantes, fan do noso alumnado un dos que mellores resultados acadan na provincia nos últimos anos.

Noraboa a todos/as.

Dende este centro seguiremos a traballar na educación e formación do noso alumnado, non so de Bacharelato, senón tamén do resto de niveis educativos entre os que se atopan a ESO e a Formación Profesional (FP Grao Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, FP Grao Medio de Informática e FP Básica de Informática).