Política de uso, privacidade e protección de datos de Google Workspace for Education

1. Descrición do servizo

As contas de G Suite para Educación son proporcionadas co obxecto de apoiar as funcións de comunicación de todo o profesorado, persoal e alumnado so IES San Mamede conforme ao acordo establecido con Google (https://gsuite.google.com/intl/es/terms/education_terms_japan.html) ao activar o dominio en G-Suite for Education que é un conxunto de solucións de software que Google ofrece aos centros educativos baixo o modelo de computación na nube “Software as a Service” (Software como Servizo).

O acceso a estes recursos está condicionado á aceptación da Política de Uso por parte do usuario no caso dos alumnos maiores de 14 anos, as familias de alumnos menores de 14 anos aos que se lles proporcione conta.

As contas institucionais atópanse baixo plataforma dotada por G Suite, e inclúe os seguintes servizos integrados: Gmail, Google Calendar (calendarios compartidos), Google Drive (aloxamento de documentos, follas de cálculo e colaboración online), Google Sites (deseño e publicación de sitios en equipo) e Meet (sistema de mensaxería e videoconferencia).

Elixiuse esta plataforma de comunicación e traballo colaborativo por varias razóns entre as que destacamos:

  • Alta dispoñibilidade do servizo >99%
  • Integración de aplicacións de produtividade e colaboración con e-mail proporcionando un ecosistema de traballo corporativo.
  • Elevada operatividade ao ser unha solución integrada multidispositivo e multiplataforma.
  • Accesibilidade desde navegador web, sen necesidade de instalar software extra.
  • Dispoñer dunha ferramenta ( Classroom) para a xestión da aprendizaxe.

O conxunto de aplicacións principais de G Suite descríbese en http://www.google.com/enterprise/apps/education/products.html. O acceso ás contas de G Suite institucionais realízase de forma unificada en: https://accounts.google.com

2. Condicións do Servizo

2.1. Condicións xerais.

  • As contas de G Suite do IES San Mamede constitúen un servizo que o Centro proporciona aos docentes, persoal de administración e servizos e ao alumnado.
  • As contas de G Suite do IES San Mamede serán creadas e utilizadas de acordo coas condicións establecidas no acordo subscrito con Google, que se pode consultar na http://www.google.com/apps/intl/es/terms/education_ terms.html
  • A publicación e distribución de calquera tipo de contido mediante os servizos e aplicacións vinculados ás contas de G Suite do IES San Mamede deberá realizarse de acordo coa lexislación vixente sobre protección de datos de carácter persoal.
  • Queda estritamente prohibido o uso das contas de G Suite do IES San Mamede, e de todos os servizos e aplicacións vinculados a elas, para actividades comerciais ou publicitarias.
  • As contas de G Suite serán, salvo excepcións, nominais e responderán sempre a unha persoa física, podendo xestionarse “Alias” para asignar outras direccións por cargo ou grupo.
  • Os usuarios/as ou representantes legais son responsables de todas as actividades realizadas coas súas contas de acceso e a súa caixa de correos asociada ao IES San Mamede
  • É unha falta grave facilitar e ofrecer acceso á propia conta a persoas non autorizadas; a conta é persoal e intransferible.

2.2. Condicións das contas do alumnado

  • O IES San Mamede poderá dar de alta contas para o seu alumnado, para o que deberán seguir o procedemento que no seu momento determínese.
  • O uso das contas por parte do alumnado require manifestar a conformidade coa Política de Uso de Contas G Suite
  • Cada alumno/a só poderá ter unha única conta de G Suite e o seu uso é exclusivo para o ámbito escolar e educativo.
  • Cando un alumno/a deixe de estar matriculado no IES San Mamede, procederase a suspender e/ou eliminar a súa conta.
  • O uso da conta deberá respectar, en todo momento, as normas de convivencia do centro e o seu incumprimento pode comportar a limitación de acceso á mesma.
  • No caso de que haxa indicios de que a conta dun alumno/a poida verse involucrada en casos graves de disciplina como ciberacoso, poderán ser intervidas, suspendidas e/ou supervisadas pola Dirección do IES San Mamede.

2.3. Cláusula

  • Todos os usuarios con conta, deberán manifestar a súa conformidade coa presente Política de Uso das Contas de G Suite
  • No caso de que se advirta un incumprimento das condicións anteriores sobre prestación do servizo, o IES San Mamede se reserva a potestade de desactivar ou dar de baixa calquera conta de G Suite, mesmo sen aviso previo/previo aviso.

3. Privacidade, Seguridade e Tratamento de Datos

G Suite posúe desde maio 2012, a certificación ISO 27001, ademais da xa existente SSAE 16/ SAE 3402 e o certificado FISMA de G Suite para Gobernos. Ademais Google foi a primeira empresa en adoptar o primeiro estándar global de privacidade para Cloud computing ISO/ IEC 27018 (http://www.iso.org/iso/catalogue_detail.htm?csnumber=61498).

Google ofrece una Emenda para o procesamento de datos e as cláusulas do contrato modelo coma un método adicional de seguridade e protección de datos que permite cumprir os requisitos de idoneidade e seguridade da directiva de protección de datos do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea.

O 27 de abril de 2016 a UE aprobou un novo Regulamento Xeral de Protección de datos que se comezou aplicar en maio de 2018. Este Regulamento substitúe ao anterior e pretende regular mellor a necesidade de empresas e usuarios na prestación e consumo de servizos Cloud, e Google como non podería ser doutra forma, cumpre estritamente.

Comparte a páxina nas redes