É unha solución de comunicación e colaboración que aporta Google aos centros educativos. Mediante ferramentas sinxelas tanto docentes como alumnado, terán á súa disposición, de forma gratuíta, este paquete de ferramentas de Google, que chaman a atención dos estudantes e crean un ambiente de traballo cooperativo nas aulas.

Google Workspace for education contén un paquete de ferramentas deseñadas para permitir que os educadores e o alumnado innoven e aprendan xuntos.
Accederemos coa nosa conta @iessanmamede.com (nunca coa de gmail).
Dentro das ferramentas que teremos, están:
Todo o noso alumnado dispón dunha conta de correo @iessanmamede.com, coa que acceden individualmente a G Suite for Education, ademáis de poder empregarse como unha dirección de correo electrónico convencional
Algunhas dass aplicacións gratuítas de Google Workspace for Education para o noso alumnado son: Hangouts Meet, Google Gmail, Google Drive, Google Sites, Presentacións, Google Classroom, Vault, Follas de cálculo....
Permite facer videoconfencias grupais.
Permite xestionar un aula virtual colaborativa a través de Internet, sendo unha plataforma para a xestión do aprendizaxe ou Learning Management System (LMS)
Esta ferramenta permite xestionar as clases online, e pode empregarse tanto para o aprendizaxe presencial coma para o aprendizaxe 100% a distancia. Poderánse crear documentos, compartir información en diferentes formatos...
Pódese traballar cun correo comunitario que ofrece 25 GB de almacenamento para cada alumno/a e un eficaz filtrado de spam, todo con contas individuais e personalizadas para o alumnado e profesorado co dominio do centro @iessanmamede.com
Esta ferramenta outorga ao IES San Mamede un espazo de almacenamento para arquivos e a opción de crear documentos de texto, follas de cálculo, cartafoles, presentacións ou formularios, que poderán ser compartidos entre o alumnado e profesorado
Dota ao noso alumnado e profesorado da capacidade de crear páxinas web interactivas sen a necesidade de ter coñecementos avanzados.
Presentacións, Vault, Follas de cálculo, Picassa, Maps, Google Voice, Chrome ou Blogger, son outras das aplicacións dispoñibles para o alumnado e profesorado deste centro.