FP. Ciclo Superior de Informática

Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma

Aprende a programar connosco

Si tes bacharelato ou un ciclo medio, enfoca a túa carreira profesional cara a un dos sectores con máis empregabilidade do momento. Situados preto de Ourense

Transporte gratuíto dende Ourense ata a porta do Instituto.


Chegada para as clases e saída xusto ao rematar as mesmas.

Becas e axudas estatais ata o 30 de setembro

Coste

Ensinanza 100% subencionada e gratuíta

Duración

2 anos

Horario

Horario de 8:30 a 14:10 so de mañás (luns e mércores á tarde a distancia)

Prácticas en empresas

Convenios coas mellores empresas informática de Galicia. Posibilidade de facelas no extranxeiro

Transporte gratuíto

Transporte gratuíto dende Ourense ata a porta do Instituto.

Chegada para as clases e saída xusto ao rematar as mesmas

Para que o transporte non teña custo económico débese facer uso da tarxeta de transporte Xente Nova. Máis información na web www.bus.gal

Acceso

Para acceder a este ciclo necesitas unha destas cousas:

  • Título de bacharelato ou equivalente para efectos de acceso a ciclos..
  • Título técnico (FP Ciclo Medio)
  • Probas de acceso a ciclos superiores ou outras vías de acceso a ciclos de grao superior
Saídas profesionais
  • Desenvolvedores de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedores de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedores de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.

Módulos do Ciclo

Módulos do primeiro ano

Módulos Horas
Bases de datos 187
Contornos de desenvolvemento 107
Formación e orientación laboral 107
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
Programación 240
Sistemas informáticos 186

Módulos do segundo ano

Módulos Horas
Acceso a Datos 157
Desenvolvemento de interfaces 140
Programación multimedia e dispositivos móbiles 123
Programación de servizos e procesos 70
Sistemas de xestión empresarial 87
Empresa e iniciativa emprendedorao 53

Despois de superar os módulos anteriores

Módulos Horas
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións multiplataforma 26
Formación en centros de traballo 384
Ven a estudar connosco

Somos un dos 2 únicos centros públicos da provincia de Ourense que oferta este ciclo.

Aproveita o transporte gratuíto dende Ourense, que coincide co horario das clases e animate. Ensinanza 100% gratuíta