Programa eMprende

O noso centro é un dos catro de toda Galicia que participa no programa piloto eMprende, a través de Ayuda en acción e cofinanciado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea.

eMprende nace como unha ferramenta para docentes e unha oportunidade para o alumnado de Formación Profesional en aspectos fundamentais como o establecemento de plans de orientación vocacional, a adquisición de competencias clave ou o coñecemento da contorna para identificar oportunidades.

O inicio dunha carreira profesional ou a procura dun primeiro emprego, son momentos e transicións cruciais que afectan as posibilidades de elección e construción dun futuro propio. O acceso á educación, o acompañamento, a aprendizaxe e a formación para lograr a transición cara ao emprego son elementos crave para logralo.  

eMprende foi deseñado desde un enfoque multidisciplinar en base ao traballo en rede e ao establecemento de alianzas público privadas que permiten a adecuación das necesidades formativas ao mundo laboral.

Este programa axuda ás persoas mozas a identificar a súa vocación, mellorar as súas competencias clave e poder trazar un plan de vida que se adecúe ás súas necesidades e ás súas eleccións, cambiando o seu presente para garantir o futuro. 

Comparte a páxina nas redes