O pasado venres 11 de febreiro, saíu publicada no DOG a Orde pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Esta Orde trae importantes cambios na avaliación, promoción e titulación do alumnado xa para este curso. Xusto debaixo podedes acceder a toda a información pinchando en cada unha das opcións:

- O alumnado de FPB: Obtense ao superar todos os módulos.
- Alumnado de 4º ESO: Obtense segundo se explica na imaxe inferior

3ª avaliación
- 7 e 8 de xuño
Dende o remate da 3ª avaliación ata a avaliación final:
- Haberá alumnado que fará actividades de recuperación para tratar de superar a materia na avaliación final
- Outro alumnado, que terá superada a materia, fará actividades de reforzo e mellora
Avaliación final:
- 23 de xuño
Avaliación extraordinaria:
A avaliación extraordinaria que se desenvolvía en setembro e que este ano estaba prevista para xuño, desaparece: NON HAI AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA NIN EN SETEMBRO NIN EN XUÑO