O pasado venres 11 de febreiro, saíu publicada no DOG a Orde pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia.
Esta Orde trae importantes cambios na avaliación, promoción e titulación do alumnado xa para este curso. Xusto debaixo podedes acceder a toda a información pinchando en cada unha das opcións:
Bacharelato


Avaliación final ordinaria:
- 7 e 8 de xuño
- Está avaliación era a que se realizaba a finais de xuño en cursos anteriores
Dende o remate da avaliación final ordinaria ata a avaliación final extraordinaria:
- Haberá alumnado que fará actividades de recuperación para tratar de superar a materia na avaliación final extraordinaria
- Outro alumnado, que terá superada a materia, fará actividades de reforzo e mellora
Avaliación final extraordinaria:
- 23 de xuño
- Está avaliación era a que se realizaba en setembro en cursos anteriores