Prematrículas curso 24/25

Xa están dispoñibles máis abaixo as prematrículas para o vindeiro curso 2024-2025.

Data límite de entrega: venres 5 de abril.

  • O alumnado que estades en 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato teredes que facer as prematrículas cubrindo un formulario que se atopa nesta páxina.
  • Xusto debaixo tedes unhas pequenas aclaracións e a continuación están os formularios das prematrículas separadas por cursos.

Aclaracións:

  • O alumnado que actualmente estades cursando 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato
  • Aquel alumnado que para o vindeiro curso non desexe estudar neste Centro, NON ten que facer esta prematrícula
  • O alumnado que comece 1º ESO o curso que ven NON ten que facer esta prematrícula
  • O alumnado de FP (FPB, SMIR e DAM) NON ten que facer esta prematrícula
  • Antes de encher a prematrícula, mira a listaxe de materias do curso. 
  • Unha vez que teñas clara a túa elección, enche o formulario (non te esquezas de darlle a enviar no último paso)
  • Se enches máis dunha prematrícula, teremos en conta a última delas
  • Último día de entrega: Venres 5 de abril. Despois desa data non se recollerán prematriculas.

Se no proceso tedes alguna dúbida, contactade con Dirección.

Prematrículas:

Unha vez vistas as instrucións, velaquí tedes as distintas prematrículas:

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que esta cursando actualmente 3º ESO. No voso caso tedes que escoller o formulario en función da modalidade pola que queredes ir.

No formulario da prematrícula explicase todo o proceso con máis detalle.

Está prematrícula a terá que encher todo o alumnado que está cursando actualmente 4º ESO. No voso caso tedes que escoller o formulario en función da modalidade pola que queredes ir.

No formulario da prematrícula explicase todo o proceso con máis detalle.

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que esta cursando actualmente 1º Bacharelato.

Comparte a páxina nas redes