Xa están dispoñibles aquí as prematrículas online para o vindeiro curso 2020-2021. Data límite de entrega: venres 8 de maio.

Este ano, debido ao confinamento, o alumnado do Centro teredes que facer as prematrículas de forma online cubrindo un simple formulario. Xusto debaixo tedes unhas pequenas aclaracións e a continuación están as prematrículas separadas por cursos.

Instrucións:

  • O alumnado que actualmente está cursando 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach

  • Aquel alumnado que para o vindeiro curso non desexe estudar neste Centro, NON ten que facer está prematrícula
  • O alumnado que entre o curso que ven en 1º ESO NON ten que facer está prematrícula
  • O alumnado de FPB e SMIR NON teñen que facer está prematrícula

  • Antes de encher a prematrícula, mira as materias que podes escoller na listaxe de materias. 
  • Unha vez que teñas clara a túa elección, enche o formulario (non te esquezas de darlle a enviar no último paso)
  • Se enches máis dunha prematrícula, teremos en conta a última delas

  • Último día de entrega: Venres 08 de maio. Despois desa data non se recollerán máis prematriculas.

 

Prematrículas:

Unha vez vistas as instrucións, velaquí tedes as distintas prematrículas:

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que esta cursando actualmente 1º ESO. No voso caso a prematrícula é moi simple, só teredes que elixir entre Relixión e Valores Éticos, o resto de materias son obrigatorias.

 

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que está cursando actualmente 2º ESO. No voso caso a prematrícula é moi simple, só teredes que elixir entre Relixión e Valores Éticos, e entre Francés e Cultura Clásica. O resto de materias son obrigatorias.

 

Está prematrícula a terá que encher todo o alumnado que está cursando actualmente 3º ESO. No voso caso tedes que escoller a rama de troncais pola que queredes ir, elixir entre Relixión e Valores Éticos, e numerar por orden de preferencia entre varias materias. O resto de materias son obrigatorias.

No formulario da prematrícula explicase todo o proceso con máis detalle.

 

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que está cursando actualmente 4º ESO. No voso caso tedes que escoller a rama de troncais pola que queredes ir (Ciencias A, Ciencias B, Humanidades ou CC Sociais) e teredes que numerar por orden de preferencia entre varias materias de tres bloques distintos (materias de 3, 2 e 1 hora). O resto de materias son obrigatorias.

No formulario da prematrícula explicase todo o proceso con máis detalle.

 

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que está cursando actualmente 1º BACH e que desexe cursar 2º Bach pola modalidade de Ciencias. No voso caso tedes que escoller a rama de troncais pola que queredes ir (Ciencias A ou Ciencias B) e teredes que numerar por orden de preferencia entre varias materias de tres bloques distintos (materias de 4, 3 e 1 hora). O resto de materias son obrigatorias.

No formulario da prematrícula explicase todo o proceso con máis detalle.

 

Esta prematrícula a terá que encher todo o alumnado que está cursando actualmente 1º BACH e que desexe cursar 2º Bach pola modalidade de Humanidades ou pola de CC. Sociais. No voso caso tedes que escoller a rama de troncais pola que queredes ir (Humanidades ou CC Sociais) e teredes que numerar por orden de preferencia entre varias materias de doús bloques distintos (materias de 3 e 1 hora). O resto de materias son obrigatorias.

No formulario da prematrícula explicase todo o proceso con máis detalle.