A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en ESO para o vindeiro curso escolar 2020/21.

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño

Consulta toda a información na páxina oficial da Consellería, pulsando aquí.

O sistema solidario habilitado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional susténtase en tres eixos que se explican máis abaixo:

  • O Fondo Solidario de libros de texto
  • As axudas á adquisición de libros de texto (para aquelas ensinanzas e cursos nos que os materiais non son reutilizables)
  • As axudas para a adquisición de material escolar

Fondo solidario

No Fondo solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.

Axudas á compra

As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Así mesmo, no caso do alumnado que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

Trámites por vía telemática

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.