Desde a Central de Seguimentos de Contactos da Consellería de Sanidade comunícannos dous novos positivos por Covid-19, neste ocasión nos cursos de 1º ESO e 3º ESO. Estes alumnos/as son conviventes no mesmo domicilio e o seu contaxio se produciu fora do ámbito escolar. Na semana pasada acudiron ao Centro unicamente o xoves día 9. 

Ambas as dúas persoas se atopan ben, sen síntomas. 

Aproveitamos para rogar a toda a comunidade educativa que se cumpran as medidas vixentes e se extremen as precaucións, así como agradecer a toda a comunidade o seu compromiso e colaboración coas medidas de seguridade levadas a cabo neste Centro.