Comunicamos que a día de hoxe temos dous casos positivos vinculados a este Centro:

  • Un caso dun/dunha alumno/a da FP. Levaba dende o pasado día 2 de decembro sen acudir ao Centro, non pertence ao Concello de Maceda nin a ningún dos Concellos limítrofes.
  • Unha persoa do Persoal de Administración e Servizos que levaba sen acudir ao Centro dende o pasado 30 de novembro.

Ambas as dúas persoas se atopan ben, con síntomas leves. Dende o Centro leváronse a cabo todos os pasos que indica o protocolo e dende Sanidade nos indican que a actividade lectiva proseguirá con normalidade.

Aproveitamos para rogar a toda a comunidade educativa que se cumpran as medidas vixentes e se extremen as precaucións, así como agradecer a toda a comunidade o seu compromiso e colaboración coas medidas de seguridade levadas a cabo neste Centro.