O vindeiro luns día 22 de 15:40 a 17:30 horas terán lugar as votacións que elixirán as representantes das nais, pais e titores/as legais do alumnado no Consello Escolar do Centro, que é o órgano no que os distintos sectores que constitúen a comunidade educativa participan no control e xestión do centro.

É importante que, as nais, pais e titores/as legais do alumnado que poidades, acudades a realizar a votación no horario anteriormente mencionado. As votacións consisten en seleccionar na papaleta unha das catro candidatas presentadas:

  • Espinosa Gómez, María Del Mar
  • Hermida Domarco, Rosa Mary
  • Merlo Sánchez, Esther
  • Pereira Cadilla, Beatriz

Aquí abaixo deixamos información relevante acerca das eleccións: