De acordo coa Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 29-09-2021), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar

Nas eleccións, escolleranse representantes de:

  • Alumnado
  • Nais, pais e titores/as legais do alumnado
  • Profesorado
  • PAS

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura, o poderán facer ata o día 10 de novembro ás 14:00 entregando un formulario dispoñible en Secretaría ou nesta mesma páxina

As votacións serán o vindeiro luns 22 de novembro. Para máis información, é necesario ver as respectivas convocatorias publicadas no taboleiro de anuncios do Centro e que deixamos aquí abaixo, xunto cos formularios para presentar as candidaturas: