O pasado 4 de xuño de 2021 publicouse a Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/22 e na que se específica o adianto ao mes de xuño das probas extraordinarias previstas para o mes de setembro nos cursos de ESO, o 1º Bach e o 1º FPB.

Iso quere dicir que, os exames que ata o de agora se realizaban en setembro, pasarán ao mes de xuño, non habendo probas en setembro. 

Todo o alumnado, xunto coas nais e pais do alumnado de 1º ESO xa foron informados nas presentacións de inicio de curso.

Para o resto de nais e pais (2º, 3º, 4º ESO, Bacharelato, FPB e Ciclo Medio de Informática) haberá unha reunión presencial de inicio de curso o luns 18 de outubro en horario de tarde. En vindeiros días recibirán a comunicación acerca desta reunión informativa, á que acudirán, tamén, o profesorado titor dos seus fillos/as.