Lembrade que a entrega de notas da avaliación extraordinaria de setembro será o martes 7 ás 9:00 horas. Posteriormente, o prazo para facer as matrículas abrangue dende o martes 7 ata o venres 10.

Deixamos tamén aquí o calendario de setembro completo, con datas de entrega de notas, presentacións e inicio de clases. 

Debido as circunstancias actuais derivadas da Covid-19, está previsto realizar un inicio de curso graduado. Se estas circunstancias cambiasen, poderiamos vernos obrigados a realizar modificacións. Se isto fose así, o comunicariamos coa suficiente antelación mediante esta páxina Web, Facebook e Abalar Móbil.

NOTA: Para 1º ESO, a presentación será coas nais e pais.