Cúmprense 25 anos da creación do IES San Mamede e para conmemorar esta data estamos a preparar unha xuntanza con xantar para alumnado, profesorado e persoal non docente que pasou polo instituto durante estes 25 anos.

A xuntanza se celebrará o domingo 18 de xuño no propio centro.

Para concretar o menú, que terá un prezo de 25€, necesitamos saber o número de persoas interesadas en asistir.

Se vos apetece participar é necesario anotarse antes do 31 de maio de algunha destas maneiras:

  • No teléfono: 988 788 561
  • Por Whatsapp: 672 780 749
  • Por email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.