Comunicamos que se confirmou un caso da Covid-19 no noso centro educativo dun alumno/a da FP. Levaronse a cabo todos os pasos que indica o protocolo e dende Sanidade nos indican que toda a comunidade educativa pode seguir acudindo ao Centro con total seguridade.

O caso positivo é dun alumno/a que so acudiu un único día a este Centro sen empregar transporte escolar nin fixo uso do Comedor. Utilizou en todo momento máscara e mantivo a distancia de seguridade tanto na aula como fora dela.

O alumnno/a non pertence ao Concello de Maceda nin a ningún dos Concellos limítrofes.

Aproveitamos para agradecer a toda a comunidade educativa o seu compromiso e colaboración coas medidas de seguridade levadas a cabo neste Centro.