Este é un comezo de curso un tanto especial. Dende o IES San Mamede facemos todo o posible para que o noso Centro sexa un lugar seguro para toda a comunidade educativa. É por iso que estivemos traballando a reo para implementar unha serie de normas coas que nos temos que implicar todos e todas.

Por iso, pedimos a colaboración das nais e pais, como parte fundamental na educación en saúde dos seus fillos e fillas. Debido a esta situación, é necesario que as familias:

  • Fagan aos seus fillos e fillas diariamente a seguinte enquisa antes de mandalos para o Centro: Autoavaliación Covid-19. Cando o alumnado presente na casa síntomatoloxía compatible coa COVID 19 (polo menos un síntoma da enquisa), NON acudirá ao instituto
  • Nos primeiros días de clase, asinen o seguinte modelo de Declaración Responsable polo que se compromete á vixilancia do estado de saúde da alumno/a e a NON envialo/a ao centro nin a os seus irmáns e mantelo en illamento se presenta síntomas compatibles coa infección por coronavirus: Declaración responsable familias
  • Lean o seguinte documento que preparamos sobre as normas e aspectos organizativos básicos do Centro que todas as familias ten que coñecer: Información básica para as familias.
  • Aínda que nas aulas todo o profesorado insiste nas normas básicas relativas ao Covid, sería conveniente que as nais e pais nos axuden facendo que os seus fillos e fillas coñezan este breve documento: Información básica para o alumnado.

Esas normas e aspectos organizativos básicos para familias e alumnado, están sacadas do Plan adaptación ao Covid-19 do IES San Mamede , redactado polo equipo Covid do noso Centro. Este documento é moito máis extenso, e contén todos as normas e aspectos organizativos relativos ao Covid-19 que se están implementando. Este é un documento vivo, que pode ter cambios ao longo do curso, pero sempre o poderán consultar nesta páxina Web (en Novas → Covid-19).

Por último, todo o relativo ao Covid-19 estará sempre na portada da páxina Web do Centro ou en Novas → Covid-19. Todos os documentos anteriores poden ser consultados e descargados desde alí.