O vindeiro luns 22 de xuño é o día en que se entregarán as notas e o alumnado deberá traer os libros cedidos polo Centro, a chave das gabetas (taquilla) e os materiais cedidos polo Centro. O alumnado seguirá o seguinte protocolo:

  • Agardará no exterior do Centro mantendo a distancia de seguridade e levando máscara.
  • Para acceder ao Centro, será a Conserxe a que indicará a cada alumno/a, de xeito individual, o momento de subida á aula, que será pola escaleira principal.
  • Haberá dúas persoas controlando as escaleiras: unha na planta baixa e outra na 1ª planta. No caso de bacharelato e ciclo, estará outra persoa no corredor de abaixo.
  • O alumno/a accederá á aula onde estará a titora ou titor.
  • O alumno/a entregará os libros, a chave da gabeta, o material cedido polo Centro (se é o caso) e recollerá as notas e o impreso de matrícula.
  • Sairá pola porta traseira da aula e baixará pola mesma escaleira.
  • Abandonará o centro pola saída do salón de actos.

Lémbrase o horario aproximado da entrega de notas o luns 22:

  • 1º Bacharelato: luns 22 ás 9:00 horas.
  • 4º ESO e FPB: luns 22 ás 9:30 horas.
  • 3º ESO e 1º SMIR: luns 22 ás 10:00 horas. 2º ESO A: luns 22 ás 10:30 horas.
  • 2º ESO B: luns 22 ás 11:00 horas.
  • 1º ESO A: luns 22 ás 11:30 horas.
  • 1º ESO B: luns 22 ás 12:00 horas.

IMPORTANTE: Cando veñades ao Centro é necesario acudir con máscara.