Volta ás aulas

O luns 25 de maio, o alumnado de 2º Bach, sempre de forma voluntaria, pode volver ás clases de xeito presencial. Lémbrase do uso obrigatorio de mascarillas no interior do centro educativo, tanto para o alumando, profesorado ou calquera outra persoa que acceda ao seu interior.

Dende o noso Centro puxemos todo da nosa parte para extremar as medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias para que a volta ás aulas sexa o máis segura posible.

Entre outras medidas:

  • Preparáronse e desinfectáronse as aulas, reorganizando os pupitres para manter unha distancia mínima de seguridade entre o alumnado e profesorado
  • Todas as aulas contan con dispensadores de xel hidroalcólico, así como na entrada ao Centro, Secretaría e Conserxería.
  • Sinalización horizontal para axudar a manter a distancia de seguridade
  • Compra de mascarillas que están a disposición de calquera persoa que acceda ao Centro sin ela.
  • Presenza de persoal de limpeza durante o horario de clases para desinfectar baños, aulas e zoas de paso de xeito constante.

Recollida de material

Rógase a todas aquelas persoas que desexen recoller o material pertencente ao alumando que está nas dependencias do Centro, que non veñan a recollelo de momento. En vindeiras datas o Centro organizará un o horario e datas para poder facelo sen que se acumule xente.

Horario do Centro

O Centro xa leva unhas semanas aberto ao público. Para toda persoa que se teña que acercar a realizar algún trámite, recoméndase o horario de 10:00 a 13:00. Tamén poden contactar connosco mediante o número de teléfono 988 788561 ou o correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.