Dende o IES San Mamede sabemos que non todo o alumnado está preparado para unha docencia non presencial. É por iso que tratamos de conseguir distinto material que axude ao noso alumando nese proceso.

Todo isto non sería posible sen a colaboración de distintos organismos, entre eles o Concello de Maceda, co que estamos en contacto seguido a través da Concelleira de Servizos Sociais Ana María Rodríguez Blanco, profesora xubilada neste Centro.

Entre outras cousas, ata o de agora, o alumnado con máis falta de recursos conta co seguinte material en préstamo:

  • 4 ordenadores cedidos polo Concello de Maceda (Concellería de Servizos Sociais)
  • 3 ordenadores portátiles máis.
  • 9 pinchos 4G USB para conectarse a Internet.
  • Auriculares e micrófonos para permitir falar nas videoconferencias.
  • Transporte de material impreso xunto con outros materiais a domicilios particulares (gracias á colaboración do Concello de Maceda - Protección Civil)

Dende este Centro seguimos a traballar para acadar máis recursos, sobre todo estamos intentando conseguir máis ordenadores persoais.