O vindeiro luns día 15 de outubro ás 18:00 horas terá lugar a reunión informativa anual de nais/pais de todo o alumnado (agás 1º ESO) do IES San Mamede co equipo directivo do centro e os titores/as dos seus fillos/as. 

 Nesa reunión serán informados de todas as cuestións importantes relativas á formación dos rapaces/as neste Centro e resolveranse tódalas dúbidas existentes.

 Nos vindeiros días, por medio do alumnado, entregaráselles unha carta convocándolles a este evento.