O venres 22 de xuño publicáronse as notas da ABAU (Selectividade), nas que aprobou todo o alumnado presentado por este centro (17 alumnos/as).

Estes resultados, xunto cos das convocatorias anteriores igual de relevantes, fan do noso alumnado un dos que mellores resultados acadan na provincia nos últimos anos.

Noraboa a todos/as.

Dende este centro seguiremos a traballar na educación e formación do noso alumnado, non so de Bacharelato, senón tamén do resto de niveis educativos entre os que se atopan a ESO e a Formación Profesional (FP Grao Medio de Informática e FP Básica de Informática).