O pasado día 8 de novembro, as alumnas de 2º de Bacharelato: Estela Expósito, Enma Fariñas, Lucía González, Helena Losada, Uxía Oviedo e María Prol participaron como xurado na XXIII Edición dos Premios San Clemente en Santiago de Compostela, na que sairon gañadores, de entre 9 candidaturas, Xosé Monteagudo coa novela en galego “Todo canto fomos”, Fernando Aramburu coa obra en castelán “Patria” e Ralf Rothmann coa narración en lingua estranxeira “Morir en primavera”.

Nesta edición o xurado estivo formado por alumnado do IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes de Lugo, IES Agra do Orzán de A Coruña, IES Valle-Inclán de Pontevedra, Ios centros composteláns IES Xelmirez e IES Rosalía de Castro e o IES San Mamede de Maceda, participaron tamén na selección da obra premiada en lingua castelá alumnos e alumnas de varios centros internacionales que cursan a materia de Lingua Española: do Hockerill Anglo European College de Londres (Inglaterra), Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), Grimmelshausen Gymnasyum de Gelnhausen (Alemania), Escola Secundaria de Santa Comba Dão (Portugal).

No mes de febreiro as nosas alumnas e demais membros do xurado acudirán á entrega destes premios que contará cunha xuntanza cos escritores galardonados.