Últimas Novas //

  • Premios San Clemente

    O pasado día 8 de novembro, as alumnas de 2º de Bacharelato: Estela Expósito, Enma Fariñas, Lucía González, Helena Losada, Uxía Oviedo e María Prol participaron como xurado na XXIII Edición dos Premios San Clemente en Santiago de Compostela, na que sairon gañadores, de entre 9 candidaturas, Xosé Monteagudo coa novela en galego “Todo canto fomos”, Fernando Aramburu coa obra en castelán “Patria” e Ralf Rothmann coa narración en lingua estranxeira “Morir en primavera”.
  • Aviso sobre a folga do alumnado dos días 24 e 25 de outubro

    A Dirección do IES San Mamede informa de que a folga do alumnado dos días 25 e 26 de outubro está convocado por un sindicato de estudantes da Comunidade Autónoma de Cataluña en contra da aplicación do artigo 155 da Constitución e non contra as revalidas da LOMCE (lembramos que ditas revalidas están suspendidas dende o ano pasado). Tamén lembramos que dita folga é exclusiva do alumnado, non tendo o profesorado ningunha participación nela. As nais/pais decidirán sobre a participación dos seus fillos/as na folga.