Para acceder ás diferentes aplicacións coas que contamos, se pode facer:

 

Lembrade que sempre deberedes acceder coa vosa conta @iessanmamede.com

Hai varios xeitos de ir á páxina inicial de Google Suite for Education:





Unha vez que accedemos aparecerá a páxina inicial, que é esta:

É posible acceder a cada aplicación de xeito individual, por exemplo, podemos ir directamente á Google Gmail, Google Drive, Google Sites

A continuación iniciamos sesión coa nosa conta @iessanmamede.com



Podemos descargar e acceder ás aplicacións tamén dende o noso móbil ou tableta. Descargamos a app de que desexamos empregar (Google Gmail, Google Drive, Google Sites, Google Classroom…). A continuación iniciamos sesión coa nosa conta @iessanmamede.com

Para acceder a calquera aplicación de G-Suite temos que identificarnos coa nosa conta @iessanmamede.com, independentemente de se accedemos mediante a páxina principal, calquera páxina dunha aplicación ou dende o móbil


Aquí vou amosar como acceder dende a páxina principal de G-Suite for Education (no anterior paso vemos como se abre esta páxina) e acceder coa nosa conta @iessanmamede.com.

Para iso, unha vez que esteamos na páxina inicial de G-Suite for Education, prememos en Acceder → Google Classroom:

A continuación introducimos a nosa dirección @iessanmamede.com (no meu caso Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) e logo o contrasinal.

IMPORTANTE: Acceder sempre coa conta @iessanmamede.com, nunca coa vosa propia de gmail (@gmail.com)



Se alguén esquece o contrasinal, contactade co Secretario, Diego (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

Unha vez dentro de Google Classroom podemos acceder ás diferentes aplicacións Google que temos asociadas a nosa conta @iessanmamede.com.

Para iso prememos nos puntos situados na dereita da páxina:

Como mencionamos anteriormente, é posible acceder a cada aplicación de xeito individual, por exemplo, podemos ir directamente á Google Gmail, Google Drive, Google Sites

A continuación iniciamos sesión coa nosa conta @iessanmamede.com

Para facer unha videoconferencia grupal empregamos Google Sites.

Ao acceder ás apps de Google, tal e como digo no punto anterior, prememos en “Meet” ou vamos directamente a https://meet.google.com/:

Unha vez que accedemos ao programa só hai que pulsar no botón verde “Iniciar o unirse a una reunión”:

A continuación pomos o nome da reunión tal como vola pasemos no momento da mesma (p. exemplo avaliacion1eso):

Agora, permitimos todas as mensaxes que nos aparezan no navegador e xa veremos a pantalla coa nosa imaxe da cámara web.

Só temos que pulsar en “Unirme ahora”: Listo! Na pantalla aparecerán as diferentes persoas que están asistindo á videoconferencia. Podemos escoller a cal delas desexamos ver (barra superior) e moitas máis cousas:

Non tedes ordenador con cámara Web?. Non hai problema, podemos acceder á Meet a través da app para móbiles e tabletas.

Deberedes descargar a aplicación “Hangouts Meet de Google” no voso dispositivo móbil (ou tableta). Accededes á aplicación e vos identificades coa vosa conta @iessanmamede.com.

  • Unha vez identificados xa aparece a vosa imaxe dende a cámara do móbil.
  • Agora premedes en “Código de reunión” e introducides aquel código que vos deamos no momento da reunión.